O ceense Daniel Caamaño, bronce no campionato de España cadete
![taekwondo cee](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2023/05/23/2023052315571345804.png)
16:00 23/05/23
Daniel Caamaño volveu dar unha alegría á parroquia de Cee conseguindo unha meritoria 3ª praza no Campionato de España celebrado esta fin de semana en Cartagena.
O ceense superaba oitavos e cuartos de final con relativade facilidade e só caía en semifinais por un punto.
Dende o Club TKW Juan de Cee queren dar a meirande "Noraboa ao noso deportista que estamos seguros que nos dará moitas alegrías".