Tres ceenses disfrutaron do Open de Pontevedra de Taekwondo

Daniel Caamaño, Alberto Atán e Marta Castiñeira co adestrador Juan Carlos

Fermosa fin de semana para tres nov@s deportistas da Escola de Taekwondo Juan de Cee. Achegábanse a Pontevedra para participar no Open Cidade do Lérez de Taekwondo, colleitando bos resultados e toda unha experiencia máis salientable.

Daniel Caamaño e Alberto Atán conseguían mesmo volver con medalla, e Marta Castiñeira, malia caer en primeira rolda, fixo un traballo espectacular.

Un futuro completo para a mocidade ceense.

Marta Castiñeira
Daniel Caamaño 
Alberto Atán

Novas relacionadas