Tres ceenses disfrutaron do Open de Pontevedra de Taekwondo
10:49 06/06/23
Fermosa fin de semana para tres nov@s deportistas da Escola de Taekwondo Juan de Cee. Achegábanse a Pontevedra para participar no Open Cidade do Lérez de Taekwondo, colleitando bos resultados e toda unha experiencia máis salientable.
Daniel Caamaño e Alberto Atán conseguían mesmo volver con medalla, e Marta Castiñeira, malia caer en primeira rolda, fixo un traballo espectacular.
Un futuro completo para a mocidade ceense.