O Club Arte e Movemento parte para Guadalajara para arrasar no Campionato de España de Latinos
O club Arte e Movemento Cee estará presente os vindeiros 3 e 4 de xullo en Guadalajara, onde se celebrarán o Campionato de España de Latinos Solo (individual), o Campionato de España de Bailes Latinos (Parellas) e o Campionato de España de Bailes Caribeños (parellas, duos e grupos), tres citas de referencia no calendario nacional do Baile deportiva.
No Campionato de España de Latinos Parellas, Arte e Movemento estará representado por Raúl Romero e Serena Díaz, en Júnior II, e por Andrés Parga e Laura Marcote, na categoría Adulto I.
Na especialidade de Latinos Solo o club contará coa participación de Paula García, na categoría Júnior I, e de Alba Mourelle e Naiara Carreira, en Adulto.
A participación do club será especialmente ampla no Campionato de España de Bailes Caribeños.
Raúl Romero e Serena Díaz Toba competirán nos Campionatos de Salsa Shine Duo Under 18, Bachata Shine Duo Under 15, Bachata Parella, Salsa On2 parella, Merengue parella e Salsa On1 parella.
Andrés Parga e Laura Marcote tomarán parte en Bachata Parella, Salsa On2 parella, Merengue parella e Salsa On1 parella.
Pola súa parte, Emma González e Paula García Domínguez participarán en Salsa Shine Duo Under 18 e Bachata Shine Duo Under 15.
Mentres que Ashley Sánchez e Alba Mourelle competirán en Salsa Shine Duo Over 19 e Bachata Shine Duo Over 16.
Tamén A representación do club completarase cos grupos A&M Salsa Project e A&M Salsa Company, que competirán en Caribbean Show Dance grupos.
A expedición afronta esta importante cita nacional con ilusión, tras unha tempada na que os deportistas do club acadaron excelentes resultados en competicións autonómicas, nacionais e internacionais. O obxectivo será seguir demostrando o nivel do baile deportivo da Costa da Morte e representar con orgullo a Cee nun dos eventos máis importantes do ano.