Arte e Movemento volve demostrar a súa supremacía no Campionato Galego de Bailes Latinos
Segue arrasando a familia do Club Deportivo Arte e Movemento. Este pasado domingo 26 participaba no Campionato Galego de Bailes Latinos 2026, e o club costeiro volvía de Narón cou dous ouros, unha prata e un bronce no campionato.
Raúl e Serena, xa subcampións de España, xa se proclamaron Campións Galegos Latinos Parella Junior 2.
Tamén volveu co ouro Alba Mourelle. A zaseira de 18 anos, proclamouse Campiona Galega Solo Latinos Adulto.
Tamén triunfaron Naiara Carreira (18 anos, Cee), que quedou subcampiona Galega Solo Latinos Adulto; e Paula García (13 anos, Cee) co seu Bronce en solo Standard Junior 1.
E a piques estiveron de ter medalla Andrés e Laura en adulto parella, Emma Gonzalez en junior 1 solo, Ashley Sanchez en youth solo.
"Non podemos estar mais orgullosos de todos eles, que practicando tres especialidades, destacan en todas, bailan todo e son os mellores en todas elas", resalta a adestradora Graciela Toba, que con todo, pon en contexto: "Isto é resultado de horas e horas de entreno e dedicación, de sacrificio e de disciplina".
Pensando no Campionato de España
No mesmo evento, celebrouse tamén unha proba de ranking nacional, onde o clube superou espectativas unha vez máis logrando 20 ouros, 10 pratas e 7 bronces.
Así, o club ceense está enfocado en estrenarse nas especialidades grupais nas que incorpora novos deportistas á competición, e xa preparando o Campionato de España de Caribeños e de Baile Latinos, que se celebrará en Guadalajara na primeira fin de semana de xullo.
Con todo, esta próxima fin de semana, teñen un training de bailes caribeños, impartido e dirixido por Simone Sanfilippo, de Turín (Italia).









