martes. 09.12.2025
El tiempo

O Club Arte e Movemento marca territorio no Campionato do Mundo de Bailes Caribeños

Club Arte e Movemento no Campionato do Mundo de Estambul
Club Arte e Movemento no Campionato do Mundo de Estambul
O Club Arte e Movemento marca territorio no Campionato do Mundo de Bailes Caribeños

Fin de ano de vertixe para a familia do Club Arte e Movemento, que ratifica o seu o seu poderío como club pioneiro, e como un dos mellores equipos do mundo en bailes deportivos.

Despois de participar, con rotundo éxito no Campionato de España, esta ponte desprazouse a Estambul para participar no Campionato do Mundo de Bailes Caribeños. O club costeiro tiña clasificados a 14 deportistas, encargados de representar a España neste mundial, e os resultados en ambas probas foron dificilmente mellorables, tendo en conta ademais que moitos dos rapaces e rapazas costeiros, están competindo con 12-13 anos en categoría Junior (de ata 15) e mesmo en adulto (máis de 16).

Xa no Campionato de España de 10 bailes, o club volveu de Guadalajara con 32 medallas (13 de ouro, 12 pratas e 7 bronces) triunfando, como vén sendo habitual, Raúl e Serena, unha das parellas máis famosas do planeta, pero tamén Ashley e Alba ou o grupo A&M salsa company. Ademais, outra nova que chegou de Guadalajara foi protagonizada por Laura Marcote, que conseguía dúas prazas en categoría adulto, e que consegue renovar a súa praza como deportista de alto nivel.

Raul Romero subcampion do mundo de baile
Raúl Romero, subcampion do mundo de baile

Pero é que a participación no Mundial celebrado en Estambul coloca a Costa da Morte no mapa mundial dos bailes. O mellor resultado conseguiuno Raúl Romero, subcampión mundial de Bachata en Junior, pero é que o club tivo resultados de grandísimo nivel:

Junior bachata masculino (6 participantes)

  • Raúl Romero, subcampeón
  • André Liaño, 5º posto

Dúo Junior bachata femenino (8 participantes)

  • Emma e Paula, 5º posto

Junior Salsa masculino (12 participantes)

  • Raúl Romero, 4º posto

Junior salsa Femenino (63 participantes:

  • Serena Díaz, 7º
  • Paula García, 25º

Junior bachata femenino (48 participantes)

  • Serena Díaz, 10º posto
  • Paula Garcia, 23º posto

Dúo femenino adulto bachata (16 participantes)

  • Alba e Ashley, 9º
  • Aalyah e Soraya, 11º

Dúo femenino salsa adulto (19 participantes)

  • Alba e Ashley, 12º
  • Aalyah e Soraya 13º

Párelas Salsa On1 adulto (14 participantes)

  • Andrés e Soraya, 10º

Párelas Salsa on 2 adultos (16 participantes)

  • Andrés e Soraya, 13º

Adulto bachata femenino (64 deportistas)

  • Alba Mourelle, 29º

Adulto Salsa femenino (75 participantes)

  • Aalyah Louro, 38º

Os vindeiros retos

Remataron a temporada, e agora van descansar un pouco celebrar a gala de Nadal coas familias.

Pero ollo, porque en xaneiro están invitados a competir con Serena nun aberto en New York, unha das citas máis importantes do mundo.

Máis novas

Comentarios