O Club Os Saltarrejos xa está inmerso na VII BTT de Esteiro
30 de abril de 2026 (07:42 h.)
A marcha cicloturísta BTT que arma o Club Saltarrejos en Esteiro, e que chega a súa 7ª edición, terá lugar o domingo 17 de maio de 2026, cun percorrido aproximado de 45 Km de dificultade física e técnica media alta e un percorrido alternativo curto, de 34 Km de dificultade física e técnica media.
O club está perfilando moito os detalles, mellorando a experiencia dos participantes, tanto no percorrido como nos extras. Non faltará o pincho final, e contan con confirmar a presenza dalgún corredor da élite btt.