Clubs de toda Galicia reivindicaron en Dumbría un Campo de Slalom no Xallas

Brais Sánchez, na Copa Galega de Slalom de Dumbría, vestiu tamén a a pegatina reivindicativa por unha Canle de Slalom xa no Couquiño

Fermosa e reivindicativa cita a que se viviu esta fin de semana en Dumbría. O CDM Piragüismo era o anfitrión da Copa Galega de Slalom, unha cita que srviu para que os Clubes de toda Galicia trasmitisen á Xunta de Galicia a reivindicación do Campo de Slalom no Couquiño, en Dumbría. Unha infraestrutura deportiva que se conseguiría mediante o adecuamento dun tramo de 300 metros do Río Xallas para que as máis importantes competicións nacionais de slalom tamén se poidan celebrar en Galicia, e non teñan os clubs galegos que desprazarse máis de 1000 Km. para xogárense as plazas na Selección Española.

Todos os padexeiros vestiron con orgullo a pegatina conmemorativa desta reivindicación, que continuará viva a vindeira fin de semana coa disputa da Copa de España de Novas Promesas de Slalom, na que clubes de toda España acudirán a Dumbría cos seus deportistas de entre 14 e 16 anos na que será a proba inaugural do certame e na que se espera unha participación que ronde as 200 saídas.

7 medallas no deportivo

No deportivo, o rio mantiña un caudal de 35m3/seg, óptimo para a celebración da probas coma esta, que pechaba a Copa Galega de Slalom 2019. O triunfo por clubes foi para o Club Tea de Mondariz Balenario, que esta vez foi acompañado no pódium polo Club Penedo de Caldelas de Tui e o CDM Teixugos de Goián.

En canto a actuación do club local, o Piragüismo Dumbría foi 4º finalmente na clasificación por clubs, onde o máis destacable foron as 7 preseas para a representación costeira; dous ouros, catro platas e un bronce. Medallas que foron distribuidas da seguinte maneira: Lorena Costa e Laura Antelo, primeira e segunda no K1 senior femenino, Jorge Quintáns plata o K1 xuvenil, Fran Fernandez Romar terceiro no c1 xuvenil , Martín Fernandez Romar plata de no K1 infantil e finalmente o outro doblete de Brais Sánchez e Martín Fernández, primeiro e segundo no C1 Infantil.

Novas relacionadas