Venres. 29.03.2024
El tiempo

O CDM Piragüismo Dumbría terceiro por clubes na Copa Galega de Promoción de Slalom

Xesus Pena Cundins do Piraguismo Dumbria en Salvaterra
Xesús Pena Cundins subiu ao máis alto do podio
O CDM Piragüismo Dumbría terceiro por clubes na Copa Galega de Promoción de Slalom

O CDM Piragüismo Dumbría regresou de Salvaterra de Miño con tres medallas e cun terceiro posto por
clubes. 

Xesús Pena Cundíns foi quen tivo a actuación máis salientable, cun triunfo na categoría K1 infantil masculina impondose con solvencia os seus rivais da categoría.

Pola súa banda Sara Fernández Romar e Aroa Lopez Piñeiro tamén subiron ó podium coma segunda e terceira clasificadas na categoría alevín femenino, con Sabela Corbelle cuarta, mesmo posto que Brais Sánchez Cancela no C1 Infantil Masculino. En canto os K1 infantil masculino, Brais Sanchez e Martín Fernández Romar foron quinto e sexto respectivamente.

A proxima competición da Copa Galega de Promoción terá lugar o 12 de maio en Ribadumia.

Novas relacionadas

 

Comentarios