O Couquiño acollerá a Copa de España de Promesas de Slalom

En Pau

Mentres Dumbría segue esperando que a Xunta avance o poderoso proxecto da Canle de Augas bravas no río Xallas, o Campo de Slalom do Couquiño segue collendo sona internacional. Faino desta volta, sendo a sede da proba inaugural da Copa de España de Promesas de Slalom, que terá lugar no Campo de Slalom de o Couquiño os días 12, 13 e 14 de maio.

No campo dumbriés daranse cita os mellores depostistas de toda España e Portugal das categorías infantil e cadete, co que xa se poderá ver slalom de muita calidade en augas do río Xallas.

En Pau

En Pau

Ata Cataluña desprazouse unha expedición do CDM Piragüismo Dumbría para participar na Copa de España de Slalom celebrada en Pau esta pasada fin de semana. Alí estiveron Marco Oreiro e Marcos Sánchez na categoría senior, e Brais Sanchez, Martín Romar, Minchí Cundíns e Xián Caamaño na categoría xuvenil.

Foi unha participación de altos e baixas, cun sábado bastante cativo en canto a resultados, pero un domingo esperanzador demostrando a necesidade de adaptarse á navegación na canle artificial.

Mellor foron as cousas na Copa de España de Slalom Cross, onde Marco Oreiro logrou entrar nas rondas finais, e Michi Cundíns apunto estivo de logralo, quedando fóra por centésimas. Nesta nova categoría olímpica o club dumbries logrou clasificarse coma 8º de España.

En Pau

Novas relacionadas