Venres. 26.04.2024
El tiempo

O CDM Piragüismo Dumbría abriu a tempada con dúas medallas na Taça Ibérica

Piraguismo Dumbria en Portugal
O CDM Piragüismo Dumbría abriu a tempada con dúas medallas na Taça Ibérica

Arrincou a temporada para o CDM Piragüismo Dumbría. E fíxoo na Taça Ibérica de Slalom, celebrada no río Coura, ao seu paso pola vila portuguesa de Covas. Ata alí desprazouse unha expedición dirixida por Quique Portela, que volveu con dúas medallas e unha máis que meritoria 5ª posición por clubs.

A gran novidade do club dumbriés era o retorno á competicion de Antía Loia no K1 senior, despois de varias tempadas sen competir. Malia quedar eliminada nas prelimirares tras unha penalización, igual que aos Xián Caamaño, Marcos Martínez e Sara Romar, o importante é ir collendo experiencia.

Ata semifinais, e a piques de meterse na loita final, chegaron os xuvenís Brais Cancela e Martín Romar, ademais do sénior Marco Oreiro.

Os grandes protagonistas foron Xesús Pena Cundíns, que quedou campión en K1 Cadete como único galego na final, e Maríña Suárez, prata en C1 Cadete. Tamén chegaría á rolda final Marcos Sánchez Cancela, pero nunha manga final arriscando ó límite non foi quen de acercarse ós postos de honra.

A vindeira competicion xa é en menos dun mes a primeira proba da Copa de España de Slalom, que se diputará en Galicia.

Comentarios