O Secretario Xeral para o Deporte volve poñer aos pescadores como o obstáculo para a Canle de Augas Bravas de Dumbría
- Lete Lasa recoñeceu no Parlamento que non moveu un dedo dende que prometera reactivar o proxecto en 2022.
Inteviña esta mañá de xoves na Comisión 1ª do Parlamento o Secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, por unha pregunta realizada pola socialista Paloma Castro sobre os avaces da Xunta coa Canle de Augas Bravas de Bora, en Pontevedra. Un asunto que toca de xeito paralelo á Canle de Augas Bravas de Dumbría, un proxecto que pode cambiar a fisionomía deportiva da comarca, pois convertiría ao río Xallas no “único campo de adestramento de Europa que funcionaría de outubro a maio”.
O Club Piragüismo Dumbría leva dedne 2025 solicitando a creación desta Canle (que conlevaría unha adecuación duns 300 metros de río, pero que, segundo aseguran, non sería de gran impacto), sendo en 2019 cando comezaba a reivindicalo publicamente ante a pasividade da Xunta.
Unha pasividade que se rompía, teoricamente, o pasado xaneiro de 2022, cando o propio Lete Lasa recoñecíalle a responsables dumbrieses que a “SXD xa estaba traballando na Canle de Augas Bravas no Río Xallas”.
Non parece así tras escoitar a resposta outorgada esta mañá na Comisión do Parlamento (pódese ver xa mediateca do Parlamento), na que despois de estar 10 minutos repasando os importantes investimentos da Xunta neste deporte acuático, deixou claro que non movera nin un dedo nos últimos anos. “Reuninme moitísimas veces co equipo de Dumbría. Trasmitinlle a Pequeño que cando tivera a paz entre os pescadores e padexeiros, estaría disposto a abrir un canal alí, que non é incompartible co de Bora”.
Palabras que indignan en Dumbría, que consideran este conflto xerado cos pescadores completamente irreal. “En vez de tratar de poñer dacordo, tratan de enfrontar dous colectivos que conviven nun espazo natural”, lamentan dende Dumbría, onde consideran que "ten que ser a propia Augas de Galicia a que asuma e desenvolva o proxecto con todas as consecuencias."
”O que veu a dicir que o proxecto de Dumbría está aprazado polo conflito polos pescadores e que non o ten como prioritario”, sinala Paloma Castro, que ademais de recriminarlle a necesidade de poñelo en marcha, incidiu no impacto económico que poder aportar o proxecto na zona, acollendo adestramentos de clubs e seleccións de toda Europa, puideron convertirse nun importante activo de desestacionalización do sector hostaleiro.
Castro asegura que o PSOE está en conversas con Concello dumbriés para traer de forma indivializada o proxecto do Couquiño ao Parlamento.
Impacto ambiental?
Ampárase a Xunta no posible impacto ambiental do Canle de Bora, onde é certo que si teñen que realizar un treito artificial, desviando o curso do río Lérez, e tendo que desviar 8 metros cúbicos da marxe natural do río. Se ben falamos dun proxecto cun impacto ambiental moito menor que unha central hidroeléctica, no caso de Dumbría falamos dun proxecto que non necesitaría esa barreira non natural e que se desenvolvía no curso do propio Xallas.
”Alegan motivos de impacto ambiental para a paralización do proxecto de Pontevedra, pero no de Dumbría, ademais de non necesitar case intervención artificial, suporía a rehabilitación da zona da central”, explica Castro.
NOVAS RELACIONADAS
- Marzo 23: A histórica Canle de Augas Bravas de Dumbría colle forma.
- Xaneiro 22: A Xunta reactiva a creación da Canle de Augas Bravas do Couquiño.
- Setembro 21: Dumbría volve pelexar pola Canle Olímpica do Couquiño, “a única de Europa que funcionaría de outubro a maio”.
- 2019: Clubs de toda Galicia reivindicaron en Dumbría un Campo de Slalom no Xallas.
- 2019: Dumbría pide a creación dunha canle de slalom no Couquiño acollendo a Copa Galega.