Dumbría e Carballo acollen sendas citas do programa de formación para as entidades deportivas da Deputación

O deputado de Deportes, Antonio Leira

Dumbría e Carballo serán dúas das sedes que acollerán citas novo programa de formación para entidades deportivas de base da provincia. Un programa que responde a unha necesidade dos clubs, que piden axuda formativa para seguir medrando e afrontar retos como a dixitalización, a xestión administrativa ou a mellora dos procesos de adestramento.

Para chegar á conclusión da necesidade deste programa de formación, a Deputación realizou unha enquisa — na que participaron máis de 240 persoas de 60 concellos e 40 modalidades deportivas diferentes — para coñecer de primeira man as principais problemáticas que experimentan os clubs na súa xestión diaria.

Do cuestionario saíron 8 xornadas que se celebrarán en diferentes puntos da provincia, acollendo os Concellos de Dumbría (o 10 de outubro) e Carballo (o 24 de outubro), xornadas variadas.

Este é o plan:

  • As Pontes, 3 de outubro, no centro de interpretación A Mina.

    • De 16:30 a 18:00 horas: Xestión da comunicación e redes sociais, impartida por Daniel Agra.

    • De 18:30 a 20:00 horas: O reto da inclusión no deporte, impartida por Paula Gárate.

  • Dumbría, 10 de outubro, nas instalacións deportvias municipais de Conco.

    • De 16:30 a 18:00 horas: Ferramentas para adestrar a menores con respecto, impartida por Rubén Domínguez.

    • De 18:30 a 20:00 horas: Soporte Vital Básico (RCP e DESA) para técnicos deportivos, impartida por Roberto Barcala.

  • Ordes, 17 de outubro, no salón de plenos do Concello.

    • De 16:30 a 18:00 horas: Aplicacións de IA para a xestión dun club deportivo, impartida por Juanma Murúa.

    • De 18:30 a 20:00 horas: Soporte Vital Básico (RCP e DESA) para técnicos deportivos, impartida por Roberto Barcala.

  • Carballo, 24 de outubro, no Forum Galicia.

    • De 16:30 a 18:00 horas: Normativa sectorial no deporte, impartida por Miguel Juane.

    • De 18:30 a 20:00 horas: Regulación emocional para adestradores/as no entorno deportivo, impartida por Manuel Isorna.

  • Santiago de Compostela, 31 de outubro, no Auditorio de Galicia.

    • De 16:30 a 18:00 horas: Xestión da contabilidade e tesourería. Obrigas fiscais, impartida por Álvaro Illobre.

    • De 18:30 a 20:00 horas: Protocolo de protección da infancia e adolescencia no deporte, impartida por Gonzalo Silió.

  • Arzúa, 7 de novembro, na Casa de Correos.

    • De 16:30 a 18:00 horas: Xestión do estrés e da ansiedade na competición, impartida por Iago López Roel.

    • De 18:30 a 20:00 horas: Dirección de equipo: competencias das persoas adestradoras, impartida por Rubén Domínguez.

  • Betanzos, 14 de novembro, no salón azul do Edificio Liceo.

    • De 16:30 a 18:00 horas: Orientación profesional para deportistas, impartida por Teresa Molezún.

    • De 18:30 a 20:00 horas: Xestión da contabilidade e tesourería. Obrigas fiscais, impartida por Álvaro Illobre.

  • Boiro, 21 de novembro, na centro social.

    • De 16:30 a 18:00 horas: Patrocinio e doazóns, impartida por Yago Casal.

    • De 18:30 a 20:00 horas: Efectos da nutrición no rendemento deportivo e na saúde, impartida por Alicia Villegas.