Fin de semana de vertixe para as familias do Tenis de Mesa do VTM Vimianzo e do AD Zas
Á espera do clasificatorio para o campeonato galego, esta pasada fin de semana foi completa para os dous equipos de tenis de mesa da comarca. O Vimianzo TM e o AD Zas tiveron ata un enfrontamento directo, na 1ª Galega, que caeu do bando vimiancés, e que deixa ao VTM Vimianzo Pinturas Figueiras, líder invicto da 1° División Galega no Grupo Centro.
Xa pola tarde do sábado, os rapaces do Vimianzo TM da 2° División desplazaronse ata as instalacions do Club do Mar da Coruña para enfrontarse ao equipo local e mais o Tenis de Mesa Narón, os de Vimianzo gañaban os 2 encontros e así situanse d 3° na clasificación da 2° División Gallega no Grupo 2.
En paralelo, a familia zaseira tamén tivo boa actividade. Na 2ª Nacional, segue competindo a gran nivel o AD Zas Ponciano Nieto, e a piques estivo de dar a sorpresa contra o líder da categoría., o Zoolandia Conxo, co que caeu por un apretado 3-4.
Tamén na 1ª Galega, ademais do derbi, o AD Zas O Pinar caeu co Conxo TM. O AD Zas Axiña Telecom queda na 5ª praza do grupo da 1ª Galega, e o AD Zas O Pinar, 6º.
Tiveron tamén a última xornada do ano os equipos zaseiros da 2ª Galega, na que cómpre destacar a vitoria por 4-1 do AD Zas Cafetería Talladas ante Club del Mar. O AD Zas Fontanería Manu e o AD ZAs Mixto caeron ante Fisterra e GAM B e TM Pontevedra.
E por último, varios rapaces do AD ZAs participaron no Torneo de Nadal de Negreira, copando dúas finais e acadando en sénior Manuel Negreira o ouro, e Mauro Rey a prata, e en sub18, Anxo Castro o ouro e Jacobo Olveira a prata.