O Vimianzo TM lévase o derbi costeiro do tenis de mesa galego
O pasado sábado disputouse a 4° xornada da 1° División Gallega de Tenis de mesa e no polideportivo municipal do concello de Zas xogaron o primeiro derbi costeiro desta temporada os equipos AD Zas O Pinar e o VTM Pinturas Figueiras con clara vioria para os visitantes por 1/4.
Con esta vitoria os vimianceses sitúanse na parte alta da clasificación con 3 vitorias en 3 encontros mentres que os de Zas quedan con 1 vitoria e 3 derrotas na parte baixa do cadro.
En paralelo, rapaces do 2° equipo do Vimianzo TM (Karim, Joey, Simón, Pablo, Jonathan e Nico) desprazáronse ata A Coruña para xogar a 2° xornada na 2° División. Disputaron 2 encontros, 1 con vitoria sobre os rapaces do "Concello de Ares" 3/2 e outro con derrota contra os veteranos coruñeses do Finisterre TM por 2/3.
Próxima cita, na Costa
Este sábado día 15 haberá Tenis de Mesa na Costa da Morte coa disputa do encontro entre o VTM Pinturas Figueiras e a Sociedade Deportiva Hípica da Coruña. A cita será no instituto Terra De Soneira de Vimianzo ás 17:00h .