Anxo Castro e Roi Cea conseguiron proclamarse subcampións galegos de tenis de mesa

07:59 17/06/25
Este pasado sábado celebrouse Campionato Galego Benxamín de tenis de mesa. E alí foi a familia do AD Zas con Anxo Castro e Roi Cea á cabeza. As promesas do cadro zaseiro dirixidos por Miguel Rey, conseguiron quedar subcampións galegos. Un gran resultado tendo en conta que Roi é benxamin de 1º ano e Anxo prebenxamín.
Clasificábanse na liguilla preliminar como segundos de grupo, para posteriormente gañar nas semifinais aos segundos cabezas de serie (Simón Pallarés e Alejandro Temprano do Club do Mar) por 3-2. Pero non puideron na final, caendo 3-0 contra Lois e Martiño Ramilo do CTM Mos.
