Os mellores padexeiros de base da península danse cita esta fin de semana no Couquiño

Este fin de semana o Campo de Slalom de o Couquiño (que segue dando pasiños para a posta en marcha da Canle Olímpica) acolle a Copa de España de Jóvenes Promesas de Slalom.

Clubs de toda a península acudirán a Dumbría para unha competición reservada os mellores cadetes e infantís de España e Portugal. Haberá unhas 150 saídas.

O CDM de Dumbría acudirá cunha participación de 7 deportistas, Martín Romar, Xesús Cundíns e Xián Caamaño na categoría K1 home Cadete; Marcos González no K1 infantil e Brais Sánchez no C1 Cadete; mentres que nas categorías femininas a  representación a formarán Mariña Suárez no C1 Cadete e Sara Romar no K1 Cadete.

O horario da proba é o seguinte:

  • Venres 29: Entrenos oficiais en horario a determinar.
  • Sàbado 30: a partir das 9:30 clasificatorias de todas as categorías.
  • Domingo 31: a partir das 9:30 Finais de tódalas categorías.

Novas relacionadas