Os mellores padexeiros de base da península danse cita esta fin de semana no Couquiño

09:53 27/07/22
Este fin de semana o Campo de Slalom de o Couquiño (que segue dando pasiños para a posta en marcha da Canle Olímpica) acolle a Copa de España de Jóvenes Promesas de Slalom.
Clubs de toda a península acudirán a Dumbría para unha competición reservada os mellores cadetes e infantís de España e Portugal. Haberá unhas 150 saídas.
O CDM de Dumbría acudirá cunha participación de 7 deportistas, Martín Romar, Xesús Cundíns e Xián Caamaño na categoría K1 home Cadete; Marcos González no K1 infantil e Brais Sánchez no C1 Cadete; mentres que nas categorías femininas a representación a formarán Mariña Suárez no C1 Cadete e Sara Romar no K1 Cadete.
O horario da proba é o seguinte:
- Venres 29: Entrenos oficiais en horario a determinar.
- Sàbado 30: a partir das 9:30 clasificatorias de todas as categorías.
- Domingo 31: a partir das 9:30 Finais de tódalas categorías.