O Volei Dumbría-Manuela Rial, subcampión de España Alevín

O Volei Dumbria-Manuela Rial proclamouse subcampión de España Alevín

Espectacular o que están facendo este anos os Tiago, Isma, Larra, Trini e Matías. Ás ordes de Gurutz Larrañaga e Luís Fernández, e despois de quedar campións galegos, acaban de asaltar Valladolid, proclamándose nada menos que subcampións de España de volei infantil.

A familia do Manuela Rial-Volei Dumbría non pode estar máis de noraboa. Impresionante, e chea de emoción unha fin de semana que xa de por si, para uns rapaces da súa idade, era todo un premio. Pero non quixeron quedar coa experiencia só vital, se non que se puxeron as pilas para intentar subir ao máis alto do podio. E a piques estiveron.

Comezaron arrasando, gañando os seus 3 partidos da fase de grupos e pasando á seguinte fase como primeiros o que os sitúa xa entre os 16 mellores equipos do campionato. No seu primeiro partido vencía 2-1 ao Cv Pacense de Badajoz con parciais de 25-21, 26-26 e 15-10. No segundo partido repetiríase o mesmo resultado, esta vez ante o MC San José CNA de Almería con parciais de 19-25, 25-17 e 15-10. E pecharían o grupo gañando ao CV Valencia-García Lorca 2-0 con parciais de 25-6 e 25-14.

En Oitavos superaron a todo un CV Barcelona, por 2-0 (25-14, 25-15). En Cuartos deron conta do CV Intasa San Sardurniño tamén por 2-0 (25-14, 25-14), e en semis, tamén ante outros galegos, o Boiro Voleibol, non deron opción e volveron vencer 2-0 (25-20, 25-21).

Estaban xa na gran final do Campionato de España de Voleibol alevín. Tocaba esperar ata o domingo, cunha noite sen durmir polos nervios, pero moi ilusionados por seguir facendo historia. Non puido ser, CV Elche amosouse superior e venceu 2-0, pero o equipo xa é historia do deporte da Costa da Morte.

Novas relacionadas