Luns. 16.09.2019
El tiempo

Os Xuvenís do Volei Dumbría pelexan entre os mellores de España

Os Xuvenís do Volei Dumbría pelexan entre os mellores de España

Os Volei Dumbría segue demostrando que está xa a primeiro nivel nacional. A pasada fin de semana os sénior quedaban ás portas do ascenso da Superliga, deixando iso si, o pavillón do Conco xa como un escenario mítico do volei estatal.

Estes días é o cadro xuvenil o que colleu o relevo do protagonismo, participando dende o pasado mércores no Campionato de España que se celebra en Soria.

O cadro dumbriés enfrontouse en primeira rolda aos canarios Bulcan Arte San Roque, tendo o partido na man, pero non foron quen de gañar. Despois vencían ao CV Oviedo, quedando pendente o seu pase á segunda rolda do que acontecese ante o Wefferent Mintonette Almería. Pero non puido ser, os de Gurutz Larrañaga caían ante os andaluces e só lles queda pelexar polos postos 13-24 ante o Universidade de Valladolid, choque que se disputa este venres.

En todo caso, e pase o que pase, o cadro dumbriés xa demostra estar entre os mellores de España en dúas categorías.

WhatsApp Image 2019-05-02 at 16.45.07

Novas relacionadas

Comentarios