Mércores. 19.06.2019
El tiempo

Os alevíns do Manuela Rial, campións galegos de volei

Os alevíns do Manuela Rial, campións galegos de volei

Foi completa a semana pasada para a familia do Volei do Manuela Rial, pertencente ao CV Dumbría. Ademais das dúas medallas nos campionatos provinciais, o pasado sábado 25, os alevíns do colexio ceense volvían con outra medalla, a de ouro, da Coruña, onde se celebraba o Campionato Galego de voleibol en categoría alevín.

Xuntábanse os 8 mellores equipos galegos clasificados nas probas disputadas en Ourense, Monforte, Pontevedra e Boiro.

O equipo do Manuela Rial chegaba líder invicto á cita e quedou encadrado no grupo A xunto ao Maniotas de Cangas, o Korbis de Monforte e o Emevé de Lugo. Nesta primeira fase gañou todos os seus partidos por idéntico resultado, 2-0 e clasificouse directamente para a semifinal onde se enfrontaría ao Aldebarán de San Sadurniño. En xogo estaba ademais do pase á final, unha das 2 prazas que daban acceso a participar no Campionato de España que se celebrará en Valladolid do 21 ao 23 de xuño. Os xogadores de Luís Alberto Fernández saíron a por todas e faríanse coa vitoria por un contundente 2-0 con parciais de 25-14 e 25-8.

A final disputaríana ante o CV Boiro, ao que doblegaron por un dobre 25-16 conseguindo deste xeito proclamarse campións galegos de xeito invicta en toda a tempada.Alevins do Manuela Rial de Volei

Tiago Fernandez do Manuela Rial de Volei foi o MVP do torneo

Ademais, Tiago Fernández sería elixido MVP do torneo e levaríase o trofeo ao mellor xogador do campionato. O equipo campión estivo formado por Tiago Fernández, Iago Larrañaga, Matías Lemus, Ismael Lado e Carlos Trinidad.

Campionato de España

A próxima cita será o Campionato de España que se disputará en Valladolid do 21 ao 23 de xuño onde esperan mellorar a 10 posición alcanzada na tempada pasada.

Novas relacionadas

Comentarios