Xadrez e Socorrismo para o agosto carballés

O presidente e o secretario do Club de Xadrez O Toque Xiria, Javier Teixeira e Laureano Faya, respectivamente, presentando onte o cartel acompañados polo alcalde, Evencio Ferrero.

Presentábase onte no Concello o V Torneo de Xadrez Clásico Concello de Carballo, que se disputará o o 26 de agosto o 2 de setembro. Unha proba que vale para Elo Internacional e Nacional, que conta con 50-60 participantes de categoría, entre os que se atopan varios Grandes Mestres e Mestres Internacionais, como Vladimir Petkov de Bulgaria e varios xóvenes talentos indios, que se enfrontarán os millores xogadores locais.

O prazo de inscrición aínda está aberto. Máis información en xadrezcarballo@gmail.com.

Clinic de salvamento e socorrismo

Ademais, este sábado 20 a praia de Razo, que ten Festa Infantil toda a mañá, acolle o II Clinic de Salvamento e Socorrismo Concello de Carballo, organizado a través da área de Turismo en coordinación coa de Deporte e de novo coa colaboración do Club Salvamento Virsal (Virgentis Salvamento Bergantiños).

A formación, dirixida a técnicos/as e deportistas federados/as, que xa se poden inscribir en infovirsal@gmail.com antes do 18 pola noite.

Novas relacionadas