Razo prepárase para a súa familiar Festa da Praia

09:52 16/08/22
Está vibrante a actividade na praia de Razo. Libros, deportes, saídas nocturnas, representacións de naufraxios… este verán a actividade é vertixinosa. E unha delas é a Festa da Praia, unha actividade para desfrutar do noso litoral en familia que incluirá un espazo lúdico con 25 xogos diferentes, música, cociñas solares, circo e moito máis!
A Festa da Praia celebrarase o sábado 20 en Razo, entre as 12:00h e as 15:00h. Está aberta a todas as familias, sen necesidade de inscrición, e está especialmente pensada para dinamizar o tempo de ocio dos máis pequenos e pequenas da casa con actividades coma estas:
- Obradoiro chef solar: espazo de exposición-demostración de distintos produtos feitos en cociñas solares.
- Ubuntu xogos: espazo lúdico familiar e interxeracional, con 25 xogos de todo tipo.
- Circus magníficus: escola de pre-circo, con zona de equilibrios, malabares, diábolo, pratos chinos...