Xadrez e Socorrismo para o agosto carballés
![presentacion_torneo_xadrez_carballo](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2022/08/18/2022081808483253255.jpg)
Presentábase onte no Concello o V Torneo de Xadrez Clásico Concello de Carballo, que se disputará o o 26 de agosto o 2 de setembro. Unha proba que vale para Elo Internacional e Nacional, que conta con 50-60 participantes de categoría, entre os que se atopan varios Grandes Mestres e Mestres Internacionais, como Vladimir Petkov de Bulgaria e varios xóvenes talentos indios, que se enfrontarán os millores xogadores locais.
O prazo de inscrición aínda está aberto. Máis información en [email protected].
Clinic de salvamento e socorrismo
Ademais, este sábado 20 a praia de Razo, que ten Festa Infantil toda a mañá, acolle o II Clinic de Salvamento e Socorrismo Concello de Carballo, organizado a través da área de Turismo en coordinación coa de Deporte e de novo coa colaboración do Club Salvamento Virsal (Virgentis Salvamento Bergantiños).
A formación, dirixida a técnicos/as e deportistas federados/as, que xa se poden inscribir en [email protected] antes do 18 pola noite.