A Feira das Fabas de Ponteceso reivindica a calidade do produto
Inmellorable clima en Ponteceso na XXXII edición da súa consolidada Feira das Fabas. Máis de 750 persoas acudiron a esta celebración emblemática, destacando o atractivo e a relevancia dun evento que segue a ser un punto de encontro gastronómico e cultural para toda Galicia.
E poñendo en valor un produto que vai ser protagonista doutros proxectos, como destaco ademais a cociñeira Sandra Varela Amado, quen compartiu a súa visión sobre o valor cultural e económico que a feira representa para a comunidade e para os produtores locais.
A xornada brindou unha experiencia completa e enriquecedora para o público, que gozou dun ambiente cheo de actividades para toda a familia. Este ano, o tren turístico foi unha das grandes atraccións, permitindo aos visitantes percorrer os lugares máis emblemáticos de Ponteceso, con animación especial a cargo do mago Cayetano Lledó, quen sorprendeu tanto a pequenos como a maiores.
Outro dos momentos destacados da feira foi a gran comida popular, onde se serviron preto de 1.500 racións de fabas, facendo que a protagonista gastronómica da xornada recibise un recoñecemento á súa altura.
Máis novas