Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Preto dun milleiro de racións servíronse na Feira das Fabas da Trabe

Feira das Fabas de Ponteceso 1
Preto dun milleiro de racións servíronse na Feira das Fabas da Trabe

Máis de 700 persoas, a pesar da inxente cantidade de auga que caía no mediodía do sábado, ateigaron a carpa do Campo da Trabe este sábado para a Feira das Fabas de Ponteceso. Nada menos que a 31ª edición desta festa gastronómica singular da comarca de Bergantiños, na que se serviron arredor de 1.000 racións, e uns 250 kg, de fabas de Cerezo, un lugar do propio concello pontecesán.

A carpa sita no campo da Trabe quedou pequena
Lenda

Aderezadas con auga, viño, biscoito e as marabillosas filloas á pedra de Zas (aínda que estaban algo agochadas para o ben que visten unha festa) , pack completo para gozar dunha boa enchenta. De balde ademais, pois o novo grupo de goberno, que criticara no seu momento que o ex alcalde regalara as racións o ano pasado (de sempre cobrábase un prezo simbólico de 5 euros) , non chegou a tempo para modificar a ordenanza e non puido cobralas.

Racion de Fabas de Ponteceso mediada
Racion de Fabas de Ponteceso mediada

Mellor, pensaría moitos veciños mentres escoitaban e ría co regueifar dos Suso e Antonio de Xornes, auténticas lendas vivas da rima bergantiñán. Tamén os que levaron as súas potas para encher cas sobras de última hora. 

Unhas 30 persoas colaboraron no evento (montando, cociñando, limpando, servindo...) ademais das dúas comisións de festas (a Pilarica e a Barquiña, que se repartiron as barras), e a familia, moito máis tranquila utlimamente, de Protección Civil, que tamén puido disfutar do xantar cando a cousa estaba guiada.

Suso e Antonio de Xornes regueifando na Feira das Fabas de Ponteceso

Ana das Filloas de Zas
Ana Peleteiro facendo as Filloas á pedra de Zas

Comentarios