mércores. 30.04.2025
El tiempo

Gran resposta do tecido empresarial á primeira sesión formativa do programa Os Fogóns do Anllóns

Sesion formativa Fongos do Anllons
Sesion formativa Fongos do Anllons
Gran resposta do tecido empresarial á primeira sesión formativa do programa Os Fogóns do Anllóns

Este martes botaron a andar as sesións formativas do proxecto do Plan de Sustentabilidade Turística de Destino “Os Fogóns do Anllóns”. Un programa da Deputación da Coruña, que forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado cos Fondos European NextGeneration EU.

E a resposta do empresariado foi moi positiva con preto de 30 persoas de diferentes sectores económicos (empresas de restauración, produtores e gandeiros, empresas de servizos turistas, panadeiros e entidades públicas) asistindo á primeira sesión do Programa Formación para a Creación de Produtos Turísticos Empaquetados e Vinculados á Gastronomía dos Concellos da Laracha, Carballo, Coristanco, Ponteceso e Cabana.

O programa foi presentado polo vicepresidente da Deputación de A Coruña, Xosé Regueira, que deu paso primeira sesión, impartida por Alexandra Touza, CEO de “Ponle cara al Turismo”. Unha charla que axudou aos asistentes a adquirir novos coñecementos e emprender novas oportunidades de negocio e económicas coa creación de experiencias turísticas vinculadas á gastronomía local e de Km.0.

Sesion formativa Fongos do Anllons 2

Novas xornadas

O programa de colaboración entre o tecido empresarial, continuará promovendo a creación de sinerxías e dinamización do territorio mediante o desenvolvemento e creación de paquetes turísticos.

As próximas sesións, para as que se reabrirá o prazo de inscrición, son as seguintes, puidendo pedir máis información no 960 077 927 ou do enderezo electrónico natalia@castrotourism.com.

Sabores do Anllons charla

Comentarios