20 mulleres asisiten ao Curso de Axuda no Fogar en Ponteceso

Unhas 20 persoas (todas mulleres, semella que os homes aínda non se atreven a asumir funcións de coidados) asisten durante este mes ao Curso de Axuda no Fogar, que organiza o Concello de Ponteceso, a través do Departamento de Servizos Sociais. Curso que se celebra polas tardes na Fundación "Eduardo Pondal".

Este curso, con amplas perspectivas de inserción laboral e con prácticas en centros de traballo, rematará no mes de abril. O curso foi inagurado pola Concelleira de Servizos Sociais, Beatriz Martínez Fernández.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Ponteceso.