Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Os concellos de Bergantiños recuperan a memoria

Os concellos de Bergantiños recuperan a memoria
Varias son as propostas nos concellos da zona de Bergantiños que están desenvolvendo actividades enfocadas aos máis maiores. Actividades como o Taller de Memoria que o Concello de Ponteceso está organizando en Corme, e no que participan persoas de idades comprendidas entre os 60 e 91 anos. Ao tempo, en Cabana pecharán o programa do Inverno da Memoria.

Inverno da Memoria en Cabana

O programa vivirá unha xornada de clausura no local social de Neaño. A partir do mércores 23 a Aula Histórica abandonará a unitaria de Borneiro e trasladarase ao salón de actos do centro social de Neaño. Alí, permanecerá aberta ao público o venres 25 e o sábado 26 de 16 a 20 horas. O domingo de 17 a 20,30 horas. O luns pola mañá de 11 a 13,30 horas. Disporase dunha presentación en PWP sobre as vellas escolas de Cabana funcionando ininterrompidamente. Por outra banda, segundo co percorrido do Inverno da Memoria polas parroquias, o sábado 26 e o domingo 27 o programa estará nos locais sociais de Nantón e A Mata (Riobó). O luns terá lugar unha xornada dirixida aos escolares máis pequenos do concello (CRA Os Remuíños e CPI As Revoltas) cunha visita guiada a cargo do técnico de turismo Ángel Eiroa. O alumnado poderá degustar no recreo da actividade dunha chocolatada para todos, dunha sesión de xogos populares artellada polos profesores de Educación Física de Secundaria das Revoltas e o do CRA. Ademais, os alumos dunha aula de Secundaria das Revoltas farán de profesores (por un día) para os máis pequenos do CRA. Asemade, nesta xornada escolar, teremos a derradeira entrega de agasallos ao profesorado asistente e un xogo (ió-ió) para os máis pequenos. Para esta sesión está confirmada a presenza da xefa territorial de Educación da Xunta de Galicia.

Chamada ós docentes cabaneses

Por último, desde o departamento de Cultura, Educación e Normalización Lingüística continúase a realizar unha chamada pública a todo o profesorado que impartiu docencia nas vellas escolas para completar unha base de datos de docentes en Cabana de Bergantiños, así como para lle facer achegar o agasallo desta actividade de divulgación e recoñecemento: unha pizarra conmemorativa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa dos Concellos de Cabana e Ponteceso.

Comentarios