25N: Feminismo en pé fai fincapé na diferencia entre a contabilidade das cifras oficiais de feminicidios

Ademais das citas de Cee e Carnota, a sociedade civil tamén quixo facer parada este martes 25 de novembro para denunciar a violencia de xénero en Ponteceso. Baixo o paraugas da Marcha Mundial das Mulleres, o colectivo Feminismo en Pé convocou a un centenar de persoas na Praza do Recheo.

A campaña realizada as semanas anteriores poñendo máis de 70 esquelas nas farolas de Ponteceso, Laxe e Cabana captou a atención de moita xente. Tamén algunhas queixas, pero a cuesión é se o que molesta é a vandalización do mobiliario público ou o crú contido das esquelas.

Unha das esquelas instaladas nas farolas da comarca

As mulleres do colectivo volveron facer fincapé na diferencia de conteo asasinadas entre os datos oficiais e os que se recollen através de feminicidio.es. 38 nas contas oficiais, polas 84 das recollidas polos colectivos feministas, como tamén lembraron as mulleres de Sonlilá.

”Non hai vítimas de primeira e de segunda”, sinalaron na lectura. “Non pode ser que só se contabilicen os asasinatos de mulleres a mans de parellas ou ex parellas. Non pode ser que se non existiu relación sentimental xa non se considere violencia de xénero”, sinalaron rotundas.

Poden ler aquí o manifesto da Marcha Mundial das Mulleres polo 25N contra a violencia institucional.

Máis novas