mércores. 26.11.2025
El tiempo

25N: Sonlilá pon nome e historia aos 84 feminicidios acontecidos neste curso

25N Carnota con Sonlila
25N: Sonlilá pon nome e historia aos 84 feminicidios acontecidos neste curso

Ademais da cita de Cee con Buserana, outra das concentracións convocadas pola sociedade civil na comarca dase gracias ao compromiso da Asoc. Sonlilá. As mulleres de Carnota poucas veces faltan á súa cita reivindicativa e volveron convocar unha concentración na Praza da Pedra, ás 18:30h para poder chegar a tempo á de Cee, para lanzar unha mensaxe contra a violencia institucional, como rezaba o lema deste ano da Marcha Mundial das Mulleres. 

Instalaron unha serie de carteis na Praza con cada un dos 84 nomes de persoas asasinadas os nos femicidios que contabilizan os colectivos sociais de novembro de 2024 a este mesmo mes de 2024, dos que 3 terían sido en Galicia. Os carteis recollen como foron asasinadas esas mulleres, ás veces polos fillos ou por persoas que non son parellas ou ex parellas, eventos que os estamentos oficiais non consideran, aínda, casos de violencia de xénero.

Dacordo cos datos da Delegación de Goberno, ata este 25 de novembro de 2025, 38 mulleres foron asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas e xa son 1.333 desde que se empezaron a solicitar datos (2003). Das 38 mulleres asasinadas neste ano, o 63,2%, é dicir, 24 vítimas eran de orixe española e 14 naceran noutro país. Tamén este ano, 3 menores foron asasinados en casos de violencia de xénero. Dous deles eran fillos/fillas do agresor.

Máis novas

Comentarios