Os nenos de Coristanco, Carballo e Ponteceso recitan á Rexoubeira
Que ningún coristanqués quede sen coñecer a Asunción Antelo. Ese é o principal obxectivo do I Certame Literario Escolar Asunción Antelo, artellado polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros de ensino de Coristanco (CPI Alcalde Xosé Pichel, CEIP Bormoio-A Agualada, CEIP A Canosa-Rus, CRA Novo Mencer).
O pasado venres, foi o día da entrega de premios para os participantes dos centros de ensino coristanquéses, carballeses e pontecesáns. Foron nada menos que 45 premios, algúns deles colectivos (para toda a aula participante). Pero o máis importante foi compartir un anaco coa voz feminina creativa máis salientable das terras de Pondal.
Ata a Casa da Cultura baixou dende o seu lugar de Segufe, a brava Rexoubeira, para compartir ese sorriso cos cativos, contenta e emocionada de que este certame escolar leve o seu nome.
Comprobou o bo facer da rapazada coristanquesa, pois ata o acto foi conducido por un grupo de estudantes de ESO. E se queren coñecela un pouco mellor, poden ollar a reportaxe que lle fai estes días A Revista da TVG
Novas relacionadas
- Que ningún coristanqués quede sen coñecer a Asunción Antelo.
- Asunción Antelo: Coñecendo á voz feminina creativa máis salientable das terras de Pondal.
- Unha visita contemporánea á Rexoubeira de Bergantiños polo Día da Muller
- “Pero como fixo tantas cousas?”.
- Unha visita moi didáctica á Rexoubeira de Bergantiños.
- 2014: Unha copla polos 95 anos de Asunción Antelo, a Rexubeira de Bergantiños.
Máis novas
- Os poetas populares de Cabana xa teñen o seu libro gracias á divulgación de Xosé Manuel Varela.
- E Rosalía tamén rendeu homenaxe a Fermín da Feiranova.
- A regueifa perde a Fermín da Feiranova, o máis antigo dos regueifeiros de Bergantiños.
- A regueifa revive en Xornes, berce da canteira retranqueira bergantiñá.
- Caldebarcos rima nos Muíños unha oda ao millo.
- Os pequenos vimianceses xa riman a golpe de regueifa.
- Xosé Manuel Varela e Fermín Calvo espallan a regueifa bergantiñá por Chantada.
- Música e literatura mesturáronse na polafía de Cabana.
- A “Polafía”, unha auténtica viaxe en vídeo pola tradición de Cerqueda.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).