Xoves. 04.06.2020
El tiempo

A regueifa revive en Xornes, berce da canteira retranqueira bergantiñá

A regueifa revive en Xornes, berce da canteira retranqueira bergantiñá
Esta pasada fin de semana, os mestres da regueifa de todo o país, xuntábanse en Xornes, Ponteceso, para render homenaxe a dous grandes desta arte galega tan esquecida: os pontecesáns Mandián (José García Amarelle) e Calviño de Tallo (José Fernández Rama). O dinamizador cultural Xosé Manuel Varela acompañou e presentou a catro cantadores da zona de Vigo (Pinto de Herbón, Luís o Caruncho, Bieito Lobariñas e Josiño da Teixeira) e catro da comarca de Bergantiños (Fermín da Feira Nova, Guillermo da Rabadeira, Suso de Xornes e Antonio de Xornes). Precisamente a sesión foi organizada pola Asociación de Veciños de Xornes que preside Suso. Entre todos lembraron a aqueles que fixeron da regueifa unha auténtica moda en Galicia. Non só homes, pois Varela, na lectura do seu manifesto regueifeiro lembrou tamén unha muller, Leonarda de Tallo, unha das mellores representantes desta modalidade da poesía oral ó longo do século XX. O grupo "Tras a regueifa" puxo a nota cómica, e a xornada rematou cunha churrascada e un baile coa animación do Dúo Omega.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios