"Pero como fixo tantas cousas?"


Outros cativos coristanqueses que non coñecían á brava da Rexoubeira. Que pasa en Coristanco? Non hai un programa para dar a coñecer aos grandes nomes da súa contorna? Unha muller, xa con 95 anos e unha longa historia artística, que depende da vontade dunha brava veciña como Isabel Rey Porteiro, e do compromiso do mestre de turno para poder deixar constancia do seu legado.
Onte os nenos colexio de Canosa - Rus, do propio Concello de Coristanco, realizaban unha doble saída gastronómica-cultural no marco do proxecto “Monteenteráte”. Primeiro se achegaban ao activo Centro de Formación Rural Fonteboa de Coristanco, a facer un obradoiro de horta ecolóxica e despois unha degustación de mel. Grandes actividades, relacionadas co tan noso agro, as que aporta este centro en Bergantiños.
A segunda parte da visita era tan ou máis interesante, co gallo de aprender a cultura tradicional que hai en fronte da casa. E se achegaron a Sagufe, na parroquia de Seaia, onde Asunción Antelo, a mítica Rexoubeira de Bergantiños ten a súa casa museo. Unha casa que coida a súa veciña, a comprometida con espallar a súa historia, Isabel, que ademais de coidala, fai de guía a aqueles centros que queren coñecer a historia viva da artesanía e da poesía bergantiñá.
”Non queren marchar porque lles gusta, chámalle a atención todo e non queren marchar”, contábanos Isabel onte xa ao mediodía, recoñecendo que os rapaces tampouco coñecían á Asunción (como lles acontecía aos do CPI Xosé Pichel), pero que quedaron abraiados coa súa arte. “Canto fixo, pero como fixo todo isto? Como fixo esa cadeira de raíces?” botaban as mans da cabeza vendo a cadeira, feita a man, na que soe sentar Asunción.
Non puido cantarlles unha daquelas míticas coplas ou regueifas que a convertiron en mito, pois os anos non pasan en balde, pero si que puideron ler moitas das sías poesías. Tamén lles aprendeu a facer da reciclaxe, arte, pois outras das cousas que máis lle alucinou foron as obras de arte (figuriñas como sapos, ras, ou outros animais) feitas cun oso de cocido, ese que todaos tiramos ao acabar de facer o caldo.
Asunción emociónase moito cada vez que chega unha destas visitas. “Chorou de emoción e todo”, cóntanos Isabel, que espera que moitos máis centros da volta se poñan en contacto para coñecer, en vida, un tesouro que temos ao lado da casa.

Novas relacionadas
- Unha visita moi didáctica á Rexoubeira de Bergantiños.
- 2014: Unha copla polos 95 anos de Asunción Antelo, a Rexubeira de Bergantiños.
- 2010: Unha merecida homenaxe a Asunción Antelo, “A Rexubeira de Bergantiños”
- Vieiros 2008: Entrevista en vídeo con Asunción Antelo.
- A bitácora da semana (CCLXI): Os blogs do CPI Xosé Pichel de Coristanco.
Máis novas
- Os poetas populares de Cabana xa teñen o seu libro gracias á divulgación de Xosé Manuel Varela.
- E Rosalía tamén rendeu homenaxe a Fermín da Feiranova.
- A regueifa perde a Fermín da Feiranova, o máis antigo dos regueifeiros de Bergantiños.
- A regueifa revive en Xornes, berce da canteira retranqueira bergantiñá.
- Caldebarcos rima nos Muíños unha oda ao millo.
- Os pequenos vimianceses xa riman a golpe de regueifa.
- Xosé Manuel Varela e Fermín Calvo espallan a regueifa bergantiñá por Chantada.
- Música e literatura mesturáronse na polafía de Cabana.
- A “Polafía”, unha auténtica viaxe en vídeo pola tradición de Cerqueda.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).