Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha visita moi didáctica á Rexoubeira de Bergantiños

Unha visita moi didáctica á Rexoubeira de Bergantiños
A Rexoubeira cos rapaces do CEIP Xose Pichel-Foto-Isabel Rey

Hai anos que dixo: ”Só quería deixar un recordo do meu paso polo mundo”. E abofé que a pegada desta brava muller será recordada pola volta. A Rexoubeira de Bergantiños, aos seus 96 anos, segue dando que falar, e que aprender. E segue servindo de exemplo, para centos de mozos que aprenden o que é a vida noutros tempos completamente distintos dos que ela medrou.

Así e todo, unha visita como a que realizaron os alumnos de 3º da ESO do CPI Xosé Pichel de Coristanco, vale moito. Algúns xa a coñecían, pois Asunción Antelo é veciña de toda a vida dos rapaces. Algúns mesmo estiveran no museo da súa casa de Sagufe, na parroquia de Seaia. Pero a meirande parte non sabían nada do legado desta escritora e artesá autodidacta; non sabía nada da súa verba, das súas coplas, do seu traballo, do seu museo con centos de pezas de barro, pedra e madeira.

"Moitos quedaron marabillados, outros din que o non o puido facer iso, que tivo que ser un home... Cóstalle traballo aos rapaces crer que todo isto o fixo ela soa", sinala Isabel Rey, veciña que coida de Asunción e fai de guía no seu museo.

Así descubriron a unha “Rosalía adiantada ao seu tempo”, que mantén unha “mente lúcida e intelixente” á súa idade, como a definen varias admiradoras.

A Rexoubeira de Bergantiños, Asunción Antelo, recibíu na súa casa de Seaia aos rapaces do CEIP Xose Pichel-Foto-Isabel Rey 2

Implicación do Concello?

Ogallá todos os centros tiveran mestras tan implicadas para realizar estas saídas tan didácticas ou para axudar a sumerxirse na rede aos rapaces. Porque como recoñece algunha mestra, como dependa das administracións públicas, a cousa sería ben triste: “Inexplicable o desinterese e desatención por parte do concello”, valora Mercedes Queixas, a devandita mestra. "O que hai no Concello non axuda nada a poñer en valor o que temos aquí", sinala Isabel Rey. "Non lles interesa nada aos do Concello, unha mágoa", que apunta que Asunción quere ir á Praia de Razo, para recordar a súa infancia. "Habería que facerlle unha homenaxe xa, porque xa pasa dos 95 anos", recorda

Tamén está pendente un libro con toda a súa obra, e veremos se é posible levalo adiante canto antes.

Asunción na tele

Aquí na TVG:

E aquí, nun programa da TVE, repasando aos maiores da Costa da Morte:

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios