Abre a Escola de Danza en Ponteceso para toda a Costa da Morte

O vindeiro luns 17 de outubro, ás 18:00h, nace na Costa da Morte a primeira Escola de Danza. Dende Ponteceso e cun claro carácter comarcal, a Escola Municipal de Danza, conta coa colaboración do profesorado do Centro Coreográfico Galego para convertirse nunha referencia en toda a Costa da Morte.

Trátase dunha oportunidade única para os habitantes da bisbarra, e unha aposta pola descentralización da Cultura. Aquí é onde a Costa da Morte ten que responder facendo uso deste servizo de calidade.

Máis información e inscrición

Xa está aberto o prazo de inscrición, e poderá participar nas probas de acceso, calqueira persoa empadroada ou non no Concello de Ponteceso, de 7 a 16 anos. O custe é de 100 € por curso (de outubro a xuño)A aula municipal de danza está no antigo edificio da ESO en Ponteceso.

Poden formalizala:

  • Departamento de Cultura do Concello de Ponteceso (981 714 000 ext.18) // Oficina Municipal de Corme (981 715 028).
  • cultura@ponteceso.net.

Podes informarte no Centro Coreográfico Galego, no 981 134 946 ou en actividades.ccg@xunta.es.

Actividades Deportivas Municipais

Ademais o Concello abriu o programa de escolas municipais culturais e deportivas. Actividades dirixidas a nenos e adultos que se celebrarán durante o curso.

Poden descargar o tríptico coas actividades e os horarios.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).