Abre a Escola de Danza en Ponteceso para toda a Costa da Morte
O vindeiro luns 17 de outubro, ás 18:00h, nace na Costa da Morte a primeira Escola de Danza. Dende Ponteceso e cun claro carácter comarcal, a Escola Municipal de Danza, conta coa colaboración do profesorado do Centro Coreográfico Galego para convertirse nunha referencia en toda a Costa da Morte.
Trátase dunha oportunidade única para os habitantes da bisbarra, e unha aposta pola descentralización da Cultura. Aquí é onde a Costa da Morte ten que responder facendo uso deste servizo de calidade.
Máis información e inscrición
Xa está aberto o prazo de inscrición, e poderá participar nas probas de acceso, calqueira persoa empadroada ou non no Concello de Ponteceso, de 7 a 16 anos. O custe é de 100 € por curso (de outubro a xuño)A aula municipal de danza está no antigo edificio da ESO en Ponteceso.
Poden formalizala:
- Departamento de Cultura do Concello de Ponteceso (981 714 000 ext.18) // Oficina Municipal de Corme (981 715 028).
- [email protected].
Podes informarte no Centro Coreográfico Galego, no 981 134 946 ou en [email protected].
Actividades Deportivas Municipais
Ademais o Concello abriu o programa de escolas municipais culturais e deportivas. Actividades dirixidas a nenos e adultos que se celebrarán durante o curso.
Poden descargar o tríptico coas actividades e os horarios.
Novas relacionadas
- Unha futura Escola Municipal de Danza en Ponteceso.
- O Centro da ESO de Ponteceso será un novo espazo cultural.
- Entrevista cun ceense na vangarda da danza do país.
- Facendo reconto do Encontro de Artes Escénicas de Muxía.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).