Unha futura Escola Municipal de Danza en Ponteceso


Unha boa nova para o mundo cultural da Costa da Morte. O vindeiro mércores 30 de marzo ás 11.30h no pavillón municipal en Ponteceso levarase a cabo a presentación da futura Escola Municipal de Danza de Ponteceso.
O acto consistirá na exhibición de danza clásica e contemporánea por parte do Centro Coreográfico Galego, da man da súa directora, Mercedes Suárez. Acudirá ao acto o alumnado dos centros educativos do Concello de Ponteceso, en torno a 500 alumnos e alumnas.
A futura escola municipal de danza do Concello estará ubicado no xa desafectado antigo Centro da ESO, ubicado na zona escolar, e estará dirixida por membros do Centro Coreográfico Galego, dependente da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, AGADIC.
Trátase dunha iniciativa moi novedosa na Costa da Morte xa que convertirá a Ponteceso nun xa dos centros de formación de danza existentes en Galicia.
Obradoiro teatral
A Editorial Tambre, a través do Servizo de Planificación Lingüística, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, seleccionou ao Concello de Ponteceso para realizar un obradoiro teatral, o día 30 de marzo, ás 10.00 horas, no CEIP Eduardo Pondal.As persoas destinatarias son 90 nenas e nenos de 1º a 4º de primaria.
Novas relacionadas
- O Centro da ESO de Ponteceso será un novo espazo cultural.
- Entrevista cun ceense na vangarda da danza do país.
- Facendo reconto do Encontro de Artes Escénicas de Muxía.
- Muxía entrégase á Danza Contemporánea .
Fonte
- Concello de Ponteceso e a Concellería de Cultura.