O alumnado do IES de Ponteceso rimaron en clave de activismo con dúas hiphopeiras de El Salvador
A linguaxe do rap é universal. E así o percibiu o alumnado do IES Eduardo Pondal de Ponteceso, un dos centros escollidos no marco da 13ª edición do proxecto Activistas polo Mundo que queremos, que recibiu a visita de dúas rapeiras de El Salvador.
O proxecto, artellado grazas a unión de tres ONGDs (Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP), afonda na importancia do activismo,
Yezli Mic e QueenMc son integrantes do colectivo Hip Hop Femenino El Salvador, primeira organización de mulleres rapeiras do país, que leva máis dunha década de traballo dentro do movemento feminista, colaborando con distintas organizacións en faladoiros, obradoiros e concertos en defensa dos dereitos humanos e, de forma específica, dos dereitos sexuais e reprodutivos.
As súas letras baséanse nas realidades sociais das mozas do seu país, empregando o hip hop como unha ferramenta para o activismo, a promoción da cultura de paz e a loita contra os diferentes tipos de violencia contra a muller.
O alumnado pontecesán de 3º e 4º da ESO gozaron coas súas rimas e improvisaron as súas letras comprometidas.