Aprobada a renovación da iluminación do porto de Corme
27 de febreiro de 2026 (16:26 h.)
O peirao de Corme contará proximamente cun sistema de iluminación completamente renovado. Portos de Galicia está a executar estes traballos tras a solicitude trasladada polo alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato.
A actuación ponse en marcha despois de que o alcalde trasladase ao ente as incidencias comunicadas polos veciños e veciñas da zona, relacionadas co estado da iluminación.
Unha vez rematadas as obras, o peirao de Corme contará cunha renovación integral do alumeado, mellorándose así a seguridade e a visibilidade nun espazo clave para a actividade portuaria e para a veciñanza.
Dende a vila cormelá esperan que se teñan en conta conclusións sacadas durante estes anos nos Encontros de Contaminación Lumínica.