Benito Santos volve a Corme para falar do paraíso do Boulder

É un dos meirandes especialistas do estado na materia. O cormelán Benito Santos volve a súa terra este venres para ofrecer unha charla o venres 24 ás 19:00h no Museo de Corme sobre o boulder. Santos falará desa modalidade de escalada libre que gabea polas rochas dos cantís.

Vímolo no documental “O Eslabón Perdido” e este venres poderemos escoitalo.