Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Boulder: Escalando as rochas da Costa da Morte

Boulder: Escalando as rochas da Costa da Morte
Facendo Boulder na zona de Mens, Malpica - Foto-Bouder Costa da Morte

Segue sendo a Costa da Morte convertíndose nun espazo de referencia para deportes extremos e de natureza. Hoxe coñecemos a un equipo de bravos escaladores, que cambian os escarpados cantís por rocas de menor tamaño, pero de máis dificultade. A fin de semana pasada tivo lugar a I Concentracion de Boulder na Costa da Morte, que se celebrou no litoral de Mens, en Malpica.

Guia Boulder en Galicia - Foto- Ben de Corme

Esta xuntanza foi moito máis que unha mera quedada para escalar en equipo. É un camiño para a creación da Guía "Boulder en Galicia", a "biblia" do Boulder galego. Un libro no que "as rochas deixan ser só rochas e musgo, para ter entidades con nome propio, obxecto de desexo dos que disfrutamos conquistándoas".
Así nolo conta Angus dende Costa da Morte Boulder, que recoñece que o feito de compartir todas esas rochas descubertas é algo con moita potencia. Algo que de seguro tamén pensa outro coñecido da escalada na bisbarra, como é Ben de Corme e a súa bitácora Escalada Fanática.

Foi unha fin de semana intensa a primeira de setembro. Os cantís de Mens, ao carón do Faro de Punta Nariga, acolleron a un grupo de amantes do boulder, que unha a unha foron rubindo todas esas rochas con nome de amantes.

A fin de semana incluíu a presentación da Guía na Coruña a noite do anterior, coa proxección de varios vídeos coma este. Na sesión trasmitiron todas as sensacións de paixón e fanatismo que este mundo lles provoca, facendo que o seu traballo sexa moito máis tanxible. Así que sen máis, deixámosvos con estas impactantes imaxes:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios