Comezan os preparativos da conmemoración do centenario do pasamento de Pondal

O alcalde de Ponteceso e o xerente da Fundación Eduardo Pondal presentaron os actos previstos ao presidente da Deputación O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu onteno seu despacho da institución provincial ao alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, e ao xerente da Fundación Eduardo Pondal, José María Varela Martínez, que presentaron os actos que a entidade está preparar de cara a 2017, con motivo do centenario do pasamento do escritor pontecesán, autor da letra do himno galego. González Formoso comprometeu o apoio da Deputación para levar a cabo os actos de celebración desta efemérides en colaboración coa entidade, co obxecto de pór en valor a figura literaria de Pondal e as súas numerosas contribucións á cultura galega.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Deputación da Coruña.