Martes. 16.07.2019
El tiempo

Cheo tras cheo no espectacular Festiletras da aldea do Couto

Cheo tras cheo no espectacular Festiletras da aldea do Couto

Unha experiencia verdadeira inesquecible o de participar no Festiletras. Tremendo comprobar a incidencia de cada guión dun programa cheo, dun programa de 5 días de actividades continuadas, que fan da aldea gala do Couto o centro das Letras Galegas de todo o país.

O Festiletras 2012 celebra este ano o seu 30 aniversario, e o fai por todo o alto. Cunha comunidade de veciños e de siareiros que fai posible que o formato de pequena escala, sirva para que centos de persoas disfruten da cultura galega que normalmente só se vive nas cidades.
Pero é que esta aldea pontecesá enche un par de veces ao día a Casa dos Veciños, ou esa Lareira da Fundación Eduardo Pondal, e escapa dos grandes auditorios para chegar, realmente aos veciños, como nos contaba un dos seus grandes armadanzas, Xosé María Varela.

Maxia e contos para o Xoves das Letras

Xa vimos como o programa arrincaba cunha convivencia escolar, e a xornada do xoves, día propio, foi impresionante.

O Mago Antón abría coa súa simpatía. E traía ademais unha sopresa: o mago de sombras chinesas máis famoso do mundo, que chegaba de incógnito dende Las Vegas e fixo unha demostración que deixou a todos atónitos.

Celso Sanmartín enchía a Lareira de nenos para contarlle os contos pola tarde, demostrando a sua polivalencia na arte de contar, pois pola noite, e da man de Quico Cadaval deron un espectáculo vibrante. Ambos volveron aos tempos agros dos seus avós, un á súa Agholada do Deza, e outro á súa Ribeira, para lembrar historias de "Gherra Sivil".
Só con escoitalos, a verdade é que un xa recibe unhas vitaminas galegas espectaculares, i é que a súa fala merece é un tesouro.

Master Class con Kepa Junquera

Repetiuse aquela máxica noite con Kepa Junquera e Pazos de Merexo no Couto. Desta volta, Pazos quedou no banco dos espectadores, ao carón das ducias de nenos que puxeron en máis dun apreto ao artista vasco.
Kepa repasou a historia da "txiritixa", acordeón en vasco, tocou a alboka, e mesmo o "pandero", unha normal e corrente pandeireta feita en Galicia ademais. Entre notas históricas, notas musicais que encandilaron ao auditorio enteiro, dende os pequenos de 5 anos ata os máis maiores, como o propio Pazos xa pasando os 70.

Pero a sesión foi auténtica. Kepa foi quen de lidiar cos pequenos, que interrumpían, preguntaban, e mesmo provocaban coa camisola do Barça en primeira fila. I é o músico bilbaíno é moito do Athletic, e a final da Copa estivo presente.
A canteira do Couto demostrou ademais a súa ousadía e atreveuse a subir ao escenario a tocar a pandeireta acompañando ao músico, e mesmo a bailar unha muiñeira fantástica.

A tarde rematou en Malpica, onde o vasco non desperidiciou a oportunidade de disfrutar do descubrimento do pequeno Juan, a pizza de pulpo.

Ollo que aínda quedan 3 xornadas completas de actividades que podedes ollar no Programa do Festiletras 2012.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios