Venres. 19.04.2024
El tiempo

As grandes actuacións encheron a Aldea do Couto de Letras

As grandes actuacións encheron a Aldea do Couto de Letras
Cheo tras cheo no Couto-Foto- Xose Manuel Varela

Xa o anunciabamos e iso que apenas precisan difusión. O Festiletras da Aldea do Couto vén sendo unha das citas máis importantes do país en canto ao Día das Letras Galegas se refire, e o programa para este ano era completo. Ademais de percorrer as escolas de toda a zona, (Cabana, Ponteceso, Laxe, Baio...) levando aulas itinerantes de temas tan importantes como a paisaxe, as grandes actuacións foron as protagonistas.

De xoves a domingo, encheron a Casa dos Veciños noite si e noite tamén os Róber Bodegas, Uxía, aCadaCanto e as Cantareiras de Ardebullo estiveron na aldea gala pontecesá. Gala no que a cultura se refire, pois é impresionante que un lugar de apenas 200 veciños teña tanta repercusión e tanta intensidade cultural. Unha aldea na que ata as balconadas falan en verso.

Balconadas literarias no Couto

O xoves estivo o carballés Róber Bodegas no Couto cos seus divertidos monólogos.

O venres foi tocou musical tremendamente emotiva con Uxía, e para o sábado tocou unha vez máis cheo total para ver a ACadaCanto. "Sen palabras que marabilla de actuación!" destacaban polas redes sociais os organizadores.

Entre o resto de actividades, deixamos constancia aquí do Obradoiro de ilustración con Xaquín Marín, homenaxe a Xaquín Marín e entrega dos premios 1º Certame Letras Creativas Eduardo Pondal.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios