Comezaron as obras de restauración do Faro Roncudo e da súa contorna

A Autoridade Portuaria da Coruña comezou esta semana os traballos de restauración do emblemático Faro do Roncudo, en Corme.

A intervención ten como finalidade garantir que a contorna permaneza exactamente como está, mantendo a súa riqueza paisaxística e medioambiental. Ao mesmo tempo, preténdese converter o faro nun espazo accesible e seguro onde as familias de Ponteceso, así como os visitantes de fóra, poidan pasear e contemplar a maxestosa paisaxe da zona.

 

 

Máis novas