mércores. 11.02.2026
El tiempo

Xa hai data para a XXXIV Festa do Percebe do Roncudo

Festa do Percebe de Corme 2023
Festa do Percebe de Corme 2023
Xa hai data para a XXXIV Festa do Percebe do Roncudo

O Concello de Ponteceso deu a coñecer a data de celebración da XXXIV edición da Festa do Percebe do Roncudo, unha das citas gastronómicas e festivas máis emblemáticas da zona, que terá lugar o vindeiro sábado 18 de xullo

A Festa do Percebe do Roncudo volverá estar organizada pola Asociación Promoción do Percebe do Roncudo, co apoio do Concello de Ponteceso, da Xunta de Galicia e de Turismo de Galicia. 

O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, destacou a importancia desta festa tanto desde o punto de vista cultural como económico: “A Festa do Percebe do Roncudo é unha das grandes señas de identidade de Ponteceso. Non só fala da calidade excepcional do noso percebe, senón tamén do traballo, do esforzo e da tradición mariñeira da nosa xente. Cada edición supón unha oportunidade para dar a coñecer o noso concello e para dinamizar a economía local”, sinalou. 

Desde o Concello subliñan que a edición deste ano manterá a esencia que fixo grande esta celebración ao longo de máis de tres décadas, apostando por unha ampla programación pensada para todos os públicos, que combinará todo tipo de actividades. Proximamente presentarase o cartel oficial da festa, no que se darán a coñecer máis detalles sobre as propostas culturais e de lecer previstas para esa xornada. 

Comentarios