A Autoridade Portuaria comprométese a realizar un importante investimento no Faro do Roncudo

16:22 31/07/24
Visita institucional esta mañá ao faro Roncudo para ratificar o compromiso da Autoridade Portuaria da Coruña de realizar un importante investimento no faro e na súa contorna, co obxectivo de poñer en valor unha zona privilexiada.
O proxecto incluirá a mellora da vía de comunicación que une o faro co núcleo de Corme, facilitando o acceso e a circulación, ademais de incrementar a seguridade na zona.