Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As mulleres de Ponteceso xa están 'Dixitalizadas'

ponteceso2 (1)
As mulleres de Ponteceso xa están 'Dixitalizadas'

 

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo,visitou onte Pnteceso, onde destacou o esforzo que se está levando a cabo por parte do Executivo para tratar de acabar coa fenda dixital existentes entre homes e mulleres e entre a poboación rural e urbana.

Así o manifestou na clausura do taller Dixitalizadas que se levou a cabo en Ponteceso, onde estivo acompañada polo alcalde, Lois García Carballido; e a responsable da área de Igualdade da Delegación del Gobierno en Galicia, María Debén.

Dixitalizadas é un proxecto creado por Google.org e xestionado polas fundacións Mulleres e Cibervoluntarios, entidades que coas súas actividades pretenden incidir na alfabetización e formación de mulleres no entorno rural.  No caso do taller de Ponteceso foron unha decena de mulleres as que formaron parte da actividade promovida polo concello.  

Pilar López-Rioboo recordou que o Goberno destinou 150 millóns de euros para que toda a poboación de España teña a partir do próximo ano acceso á internet con velocidade de ao menos 30 megas. Así mesmo, para reforzar este programa, está previsto destinar outros 220 millones, cofinanciados pola Unión Europea, para un segundo plan orientado fundamentalmente para as zonas mmáis remotas e máis despoboadas.

Punto violeta

Por outra parte, tanto a subdelegada do Goberno na Coruña como a responsable da área de Igualdade da Delegación del Goberno en Galicia amosaron a súa satisfacción e valoraron moi positivamente a decisión do Concello de Ponteceso de instalar un punto violeta na próxima Fiesta del Percebe que se celebrará en Corme.

Neste sentido, o rexedor pontecesán, Lois García Carballido, trasladoulle a intención de instalar o coñecido punto violeta, un espazo xestionado polo Concello, con persoal da área de Servizo Sociais, no que se atende a afectadas por unha agresión. Así mesmo, prevese unha maior vixiancia para impedir a venta de alcol a menores, á vez que se incidirá en maiores controis para detectar conductores que consuman alcol e estupefacientes.

Comentarios