Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Quen Somos

Quepasanacosta, o diario dixital da Costa da Morte, centraliza na rede toda a actualidade social, poliítica, cultural e deportiva da Costa da Morte.

QPC é un punto de encontro, xerador de opinión, co claro obxectivo de xerar un pensamento de comunidade.

QPC é unha iniciativa comunicativa que nacía en 2007 a raíz do compromiso co territorio da empresa corcubionesa Galinus, Taller de Novos Medios e que dende 2012 continúa vertebrando a bisbarra dende A Laracha ata Muros da man de Ubaldo Cerqueiro, coa colaboración de xentes como Alberto Pose e Óscar Leis.

Ademais do Equipo QPC hai máis dun centenar de veciños da Costa da Morte que nos achegan información de toda clase (texto e imaxes), tanto deportiva, social como festeira. A participación dos veciños da bisbarra aumenta cada día situando QPC como o diario máis vangardista en xornalismo cidadán. Sen eles sería imposible estar tan preto de cada nova e, dende logo, este diario non sería posible sen a súa aportación. QPC é Comunidade.

Podes contactar con nós en [email protected] ou no 637 704 893.